Grazas familias pola vosa asistencia Charla Plan Director 24/25
.O pasado martes, 21 de xaneiro, tivemos o pracer de contar coa participación das nosas familias nas charlas do Plan Director, unha actividade clave dentro do noso Plan Dixital de Centro. Nesta ocasión, a temática centrouse en «As TICs e os seus riscos», abordando aspectos fundamentais para garantir un uso seguro e responsable da tecnoloxía no ámbito familiar e educativo.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as familias que asistiron e amosaron o seu interese. Como xesto de recoñecemento, entregamos aos participantes un pequeno agasallo: un marcapáxinas e un bolígrafo, símbolos da importancia de seguir escribindo xuntos a historia dunha educación segura e responsable.
Grazas á vosa implicación, seguimos a construír un entorno educativo máis seguro e conectado. ¡Avanzamos xuntos!
