PekePolo II Péndulo de Newton 23/24 💡

O Péndulo de Newton chega a Infantil como PekePolo! 🌟

O alumnado de 4ºESO crearon un pequeno péndulo de Newton con depresores e canicas e o entregaron aos nosos pequechos de infantil para ser seu PekePolo do segundo trimestre.

Pero…Cómo funciona isto en termos de pensamento computacional para os pequenos?

Este proxecto involucra aos nenos nunha experiencia práctica onde poden observar como funciona o péndulo e observar conceptos como a gravidade, o movemento e a enerxía cinética inda que non é preciso poñerlles nome agora mesmo eles ya saben de qué vai a cousa.

Ao observar e analizar o comportamento do péndulo, os nenos e nenas están a aplicar habilidades similares ás que se utilizan na programación, como a lóxica, a secuenciación e a resolución de problemas.

A través desta experiencia, están a desenvolver a súa capacidade para pensar de maneira lóxica e sistemática, o que senta as bases para o desenvolvemento futuro de habilidades computacionais. 💡🔄

También te podría gustar...