Mes da Ciencia en Galego 23/24
Con motivo da celebración do Día da Ciencia en Galego, dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CPR AYALA, queremos animar a toda a comunidade educativa a que nesta data tan sinalada poñan en funcionamento a mente e a lingua mediante esta selección de xogos en liña en galego sobre a ciencia creados polo IES de Brión (A Coruña). A continuación vos deixamos unha breve introdución a cada un deles coas súas ligazóns.
Animádevos a pasar un rato entretido xogando e aprendendo en galego. Nós seguro que imos a participar en todos!
Equipo de Dinamización da Lingua do CPR AYALA
MATEMAXIA
Para os afeccionados aos números, tedes dispoñible o xogo “Matemaxia”. E, se aínda por riba gústavos a saga de Harry Potter, de seguro que este xogo vos resultará moi máxico e entretido.
PUZZLE “MULLERES FÍSICAS”
Como para gustos están as cores, para aqueles que sexades máis tranquiliños e non teñades moitas ganas de falar, tedes este xogo que consiste en facer ata 5 crebacabezas de físicas destacadas e que ao mellor non coñeciades. O mellor de todo e que cando entras nun deles, iníciase un contador, así que podedes xogar a ver se conseguides mellorar a vosa propia marca. Iso si, animámosvos sen dúbida a buscar información sobre estas cinco mulleres para coñecer un pouquiño máis o seu traballo. Preme aquí e comeza!
CRUCIGRAMA
Para aqueles de vós que vos guste “espremer un pouco o coco”, sen dúbida tedes que probar este crucigrama .
Aquí podedes ir pulsando nas diferentes palabras para ler as definicións na parte superior da pantalla para ir completándoas. Se non vos sae unha, podedes escoller outra. E, ademais, tamén ten contado! Así que a ver que é o que o remata máis axiña!
PASAPALABRA
Por último vos deixamos un clásico da televisión: Pasapalabra, pero esta vez trata só sobre ciencia. E para facelo aínda máis emocionante, só tedes 12 segundos para responder a cada palabra ou pasar a seguinte, se tardades máis, marcaravos a letra en vermello. Tedes ata 10 vidas por se vos equivocades. Animádevos a ir a polo “rosco científico”!