Becas Eurolingua 2023

Estimadas familias,
Compartimos con vós a información sobre as Becas Eurolingua (https://www.becaseurolingua.com/), unhas becas pensadas para que os estudantes podan disfrutar da experiencia de facer un curso de verán de inglés 100% subvencionado en Irlanda entre o 23 de xullo e o 6 de agosto (aproximadamente), Ao tratarse dun curso de inmersión lingüística, é unha magnífica oportunidade para os rapaces e rapazas de mellorar a súa competencia no idioma, experimentar unha cultura e sociedade diferente, e coñecer a máis rapaces e rapazas da súa idade e abrir os seus horizontes.
O prazo para solicitar estas becas remata o día 19 de abril de 2023 ás 23:59.
Nas seguintes ligazóns podedes consultar as bases:
- https://reservas.venairlanda.com/CONVOCATORIA-BECAS-EUROLINGUA.pdf
- https://www.becaseurolingua.com/requisitos/
Animamos a todo o alumnado que cumpra os requisitos a participar desta magnífica experiencia e quedamos á vosa disposición para calquera dúbida no noso correo electrónico:
Un saúdo,
Equipo de Dinamización da Lingua