Convocatorias concursos Dinamización Lingüística 2023
Estimadas familias,
Compartimos con vós a convocatoria dos Concursos de videopoemas e microrrelatos como explicamos a continuación.
Animamos a toda a comunidade educativa a participar e quedamos todos os membros do Equipo de Dinamización da Lingua a vosa enteira disposición.
Un saúdo,
O equipo de dinamización
VIDEOPOEMAS
Sobre composicións poéticas de Rosalía e Manuel María, convocado pola Casa-Museo Manuel María, e dirixido ao alumnado da ESO en diante. O alumnado xa ten dende fai tempo as bases no taboleiros das aulas e no hall de entrada.
Como podedes ver no PDF, consiste en crear un vídeo sobre un poema de Rosalía de Castro ou de Manuel María.
O prazo para a preinscrición remata o 19 de marzo de 2023.
MICRORRELATOS
“A Real Academia Galega e PuntoGal manteñen aberto, ata o 28 de febreiro, o prazo para participar no VI Concurso de microrrelatos que convocan conxuntamente. Ambas as institucións premiarán as nove mellores composicións de 200 palabras como máximo que se presenten nas categorías infantil (ata os 11 anos), xuvenil (de 12 a 17 anos) e de persoas adultas. Todos os detalles da convocatoria están á vosa disposición na seguinte ligazón: https://relatos.gal/.”
Deixamos á vosa disposición as bases do concurso no PDF que incluímos e que tamén están dispoñibles no taboleiro do hall de entrada do centro.