Admisión 24/25

Centros adscritos:     Do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro de 2024

PRAZO ORDINARIO

    Do 1 ao 20 de marzo de 2024

Xeito de presentación

Recoméndase o uso preferente da modalidade electrónica para a presentación das solicitudes, sempre que se dispoña de certificado dixital ou Chave365.

NORMATIVA REGULADORA

  • Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2024/2025.
  • Desempate (Artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022)
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • ACORDO do 11 de outubro de 2023 sobre medidas que melloran o funcionamento do sistema educativo.

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS

NivelNº de prazas
4º. EI20 (3 neae)
5º. EI10
6º. EI9
NivelNº de prazas
1º. EP20 (3 neae) 4
2º. EP1
3º. EP0
4º. EP0
5º. EP0
6º. EP0
NivelNº de prazas
1º. ESO30 (3neae)  5
2º. ESO6
3º. ESO0
4º. ESO13

NOTA INFORMATIVA

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, presentando un escrito de renuncia no centro docente coa data límite do 28 de febreiro e cubrir os datos no recadro “supostos específicos” da nova solicitude presentada en prazo.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

De existir máis solicitudes de prazas que postos escolares ofertados, e se non se presentou xa coa solicitude de admisión, abrirase un prazo do 23 de marzo ao 5 de abril de 2024 para presentar a documentación xustificativa dos méritos alegados, xunto cunha copia do Anexo II presentado anteriormente. A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

Resolución provisional de admitidos e non admitidos.

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro de anuncios do centro (apartado 7 das Instruccións da Dirección Xeral de Centros) con anterioridade ao 25 de abril de 2024, terán un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o titular do centro no prazo de tres días hábiles.As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles.

Resolución definitiva de admitidos e non admitidos

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido, ordeadas por puntuación, no taboleiro de anuncios do centro, antes do 16 de maio de 2024.

PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Os prazos para a formalización de matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso 2024/2025 serán os seguintes:

  • Educación Infantil e Primariado 20 ao 30 de xuño
  • Educación Secundaria Obrigatoria: do 25 de xuño ao 10 de xullo. 

Nota: A matriculación no centro implicará respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.

CENTRO ADSCRITO: IES Telleiras.

CRITERIO COMPLEMENTARIO

Ser fillo ou neto de exalumnos/as do centro.

ÁREA DE INFLUENCIA

Santa Icía- Estrada de Castela marxe dereita dirección Ferrol.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Madrugadores e almorzos e Comedor.

SOLICITUDES: ANEXO II

  • O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:
    • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
    • Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
    • Documento acreditativo (certificación de matrícula) de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
    • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Esta solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carcater exclusivo, a un deles.
  • Na folla 5 (Anexo II bis), tanto que se opte por unha tributación conxunta como por unha tributación individual, a autorización concederase por ámbolos dous cónxuxes. Nesta autorización deben figurar todos os declarantes na unidade familiar (en caso de menores de idade, serán os proxenitores ou titores legais os que asinen por eles).
  • Documentación xustificativa de praza con necesidades específicas de apoio educativo, se é o caso.

Presentación de solicitudes

  • De xeito presencial: Entregarase unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar, de non ser así, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • Sede electrónicahttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado