Gran día para o equipo AyalaSat en As Gaivotas, Cerceda! CanSat 23/24 ?️?
Hoxe o noso equipo AyalaSat despegou con éxito no aeródromo de As Gaivotas. O seu CanSat voou e aterrizou sen problemas, cumprindo todas as súas funcións .
Ao chegar ao cole, un dos programadores analizou e compartiu as experiencias co equipo.
Pero a diversión non parou alí! Tamén participaron nun taller de cohetes e nunha interesante charla sobre drones .
Tras un piquenique ben merecido, regresaron ao cole coa satisfacción de ver que os meses de traballo e dedicación valeran a pena.
Grazas á organización e á comunidade educativa e especialmente aos compañeiros de 1º ESO por compartir esta aventura con eles. E non podemos esquecer o apoio do CFR de Ferrol, grazas por estar sempre ao noso lado!
Ata o infinito e máis alá!















