Día Mundial dos Dereitos do Consumidor 24/25
O 15 de marzo celebramos o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor, unha data clave para recordar a importancia de facer compras responsables e informadas. 💡📢
🔍 Como consumidores, temos dereitos que nos protexen, como recibir información clara sobre os produtos, acceder a servizos seguros e poder reclamar ante situacións inxustas. Tamén temos o deber de consumir de forma ética e sostible, respectando o medio ambiente e apostando por un consumo responsable. 🌱🌍
Eduquemos ás novas xeracións para que sexan consumidores críticos e conscientes! 🏷️💰