Volta ao cole Unoentrecienmil 24/25
Grazas por facer da Volta ao Cole un éxito!
Hoxe, no CPR Ayala, demostramos que xuntos somos máis fortes! A nosa comunidade educativa participou con enerxía e ilusión na carreira solidaria A Volta ao Cole, sumando pasos na loita contra a leucemia infantil.
Cada quilómetro correu por unha boa causa. Cada sorriso, un motivo máis para seguir loitando.
Grazas a todos os que vos unistes: alumnado, profesorado, familias e colaboradores. A vosa solidariedade e compromiso farán posible seguir financiando proxectos de investigación que axuden a atopar a cura da leucemia infantil.
Aquí vos deixamos algúns dos mellores momentos da xornada!
Se queres seguir apoiando esta causa, visita
https://unoentrecienmil.org/firma/la-vuelta-al-cole
Xuntos facemos camiño cara a esperanza!