Día Internacional contra a Violencia de Xénero 24/25 💜
Hoxe, 25 de novembro, unímonos á loita para eliminar calquera forma de violencia contra as mulleres. No noso colexio, apostamos pola educación en igualdade como ferramenta clave para previr e erradicar esta lacra social.
Queremos transmitir unha mensaxe clara: Non máis violencia. Todos e todas podemos ser parte do cambio.
Desde o CPR Ayala, seguimos comprometidos/as en construír un futuro onde o respecto, a igualdade e a convivencia sexan os piares fundamentais. Grazas a toda a comunidade educativa por implicarse nesta loita tan importante.