Jesús Prieto Powerlifting no Ayala 23/24 ??
?️♂️ Este venres, no CPR Ayala, tivemos unha visita moi especial! ?
O campión do mundo de Powerlifting, Jesús Prieto, estivo no noso centro para compartir a súa experiencia e coñecementos.
A súa charla, dirixida ao alumnado de secundaria, falou sobre o seu día a día no deporte de rendemento, a importancia dos hábitos de vida saudables e deunos a coñecer un pouco máis sobre o Powerlifting. ??
Foi unha oportunidade única para aprender e inspirarnos dun verdadeiro campión!



