Éxito no tenis de mesa en EP
?? Hoxe, varios alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria participaron nun torneo de tenis de mesa clasificatorio para o Campionato Provincial.
Os dous equipos obtiveron grandes resultados, conseguindo un 5º posto na categoría alevín mixta e un 1º posto na categoría alevín feminino.
A competición tivo lugar no Pabellón da Serra e contou coa participación de colexios de Narón (Piñeiros e Ayala), Ares e Teixeiro durante toda a mañá, grazas ao programa Xogade.
Parabéns a todos e a todas polo seu esforzo e dedicación.
















