AyalaSat 1ºESO Premio Honorífico CanSat Galicia 2024 ???

? Estamos de Noraboa!!!!! O equipo AyalaSat de 1º ESO recibiu o Premio Honorífico na competición CanSat Galega! ?

Durante a xornada de defensa, presentaron a súa misión secundaria que consiste lanzar o CanSat semanalmente no cole para recoller datos de temperatura e presión e crear unha mini estación meteorolóxica! ?⛅️ Estudarán os cambios e peculiaridades da zona, mesmo buscando evidencias do cambio climático! ? Unha vez se gradúen, pasarán o testemuño ao próximo equipo de 1º ESO, promovendo así o espírito científico entre os seus compañeiros.

Aínda que participaron fóra de concurso pola súa curta idade cun proxecto tecnicamente moito mais sinxelo e axeito á súa idade, o xurado felicitounos polo seu enfoque creativo e a súa dedicación á difusión do proxecto a través do seu blog e a súa estética steampunk ?✨ xerando unha narrativa ao redor do proxecto e involucrando aos seus compañeiros e compañeiras de 1ºESO.

Terminada a xornada, só podemos expresar o noso profundo agradecemento por permitirnos participar e chegar ata o final entre os maiores. A viaxe ata hoxe foi invaluable: as experiencias adquiridas, os desafíos superados e achegar a ciencia aos máis pequenos. Grazas á organización, ao CFR de Ferrol, aos compañeiros de 1º ESO, ás familias e a toda a comunidade educativa polo seu apoio incondicional! ?

Hoxe os pequenos enxeñeiros camiñaron entre xigantes! ??

Escoita a nosa entrevista en Radio Voz:

También te podría gustar...