O Himno da Alegría en 6ºEP 23/24??

Música en 6º de Primaria con «O Himno da Alegría» de Beethoven!

Os nosos alumnos de sexto decidiron porse creativos e explorar diferentes instrumentos para tocar esta famosa melodía . Entre frautas, o carrillón e o piano, pasaron un rato divertidísimo e gozaron da música colectivamente.

A música é unha forma estupenda de expresarse e conectar cos demais, e hoxe demostraron todo o seu talento e entusiasmo .

Bravo a todos por facer soar alto «O Himno da Alegría»!

También te podría gustar...