Excursión 4ºESO 23/24

Os alumnos de 4º ESO xunto cos profes Iago e Arturo, desfrutaron ao máximo da súa excursión a Cantabria.

Aínda que na tarde do martes, recén chegados do viaxe, as nubes e o barro non nos recibiron como esperabamos, iso non nos impediu liberar a adrenalina nunha épica batalla de paintball. Resbalóns e bolazos de pintura tras as trincheiras, comezamos a aventura!!!

No segundo día, o sol reluciu acompañando desta vez o descenso do río Deva e mesmo practicamos actividades máis intrépidas como o rafting. Para descansar? Un fermoso paseo por Santillana del Mar, percorrendo as súas rúas e admirando a súa arquitectura medieval. Tempo para adquirir alguns souvenir, mantecados, queixos e imáns de recordo.

O último día, tras percorrer o desfiladeiro máis longo de Europa ao carón do río Deva, chegamos a FuenteDé, a cuna do seu nacemento. Subimos a un teleférico vertixinoso, con algún que outro tremor nas pernas, e puidemos pasear pola neve na cima da montaña. Visitamos despois Santo Toribio de Liébana, incluso tocamos un trozo do madeiro da cruz de Cristo, tan ben custodiado no mosteiro, e xantamos en Potes, unha vila pintoresca chea de pontes e comercios tradicionais.

Xa de volta a casa, fixemos unha parada na praia das Catedrais e zampámonos outra rica milanesa de polo mirando ao mar, para fixar agora si, as bonitas experiencias vividas cos nosos compañeiros.

Esta viaxe manterémola para sempre na nosa memoria!

También te podría gustar...