Excursión 4ºESO 23/24🚶‍♂️🚌🏞️

🚌🌟 Os alumnos de 4º ESO xunto cos profes Iago e Arturo, desfrutaron ao máximo da súa excursión a Cantabria.

Aínda que na tarde do martes, recén chegados do viaxe, as nubes e o barro non nos recibiron como esperabamos, iso non nos impediu liberar a adrenalina nunha épica batalla de paintball. Resbalóns e bolazos de pintura tras as trincheiras, comezamos a aventura!!!

No segundo día, o sol reluciu acompañando desta vez o descenso do río Deva e mesmo practicamos actividades máis intrépidas como o rafting. Para descansar? Un fermoso paseo por Santillana del Mar, percorrendo as súas rúas e admirando a súa arquitectura medieval. Tempo para adquirir alguns souvenir, mantecados, queixos e imáns de recordo.

O último día, tras percorrer o desfiladeiro máis longo de Europa ao carón do río Deva, chegamos a FuenteDé, a cuna do seu nacemento. Subimos a un teleférico vertixinoso, con algún que outro tremor nas pernas, e puidemos pasear pola neve na cima da montaña. Visitamos despois Santo Toribio de Liébana, incluso tocamos un trozo do madeiro da cruz de Cristo, tan ben custodiado no mosteiro, e xantamos en Potes, unha vila pintoresca chea de pontes e comercios tradicionais.

Xa de volta a casa, fixemos unha parada na praia das Catedrais e zampámonos outra rica milanesa de polo mirando ao mar, para fixar agora si, as bonitas experiencias vividas cos nosos compañeiros.

Esta viaxe manterémola para sempre na nosa memoria! 🏞️🚶‍♂️🌄

También te podría gustar...