Cine e flocos de millo grazas a ANPA 23/24

Queremos compartir con vos a maxia do último evento organizado pola nosa ANPA: Unha Sesión de Cine e Flocos de Millo! ??

Agradecemos de corazón o esforzo da ANPA por crear momentos especiais para os nosos estudantes. ?? Todos desfrutaron dunha mañá chea de risas, emoción e, por suposto, deliciosos flocos de millo! Como recendía todo o cole! ?✨

A vosa colaboración fai que a nosa comunidade escolar sexa única. Grazas por crear estas experiencias tan especiais que fan que o noso colexio sexa un lugar marabilloso para aprender e desfrutar. ??

Os nosos pequenos cineastas pasárono en grande e xa agardan pola próxima sesión! ??

También te podría gustar...