A hora de ouro ⏳coa DXT en 4ºESO 23/24

O pasado luns recibimos no centro a membros da DXT para a realización da actividade “A hora de ouro” co alumnado de 4° de ESO. Trátase dun escape room no que se pon de manifesto a importancia deses 60 minutos vitais para salvar vidas cando un accidente de tráfico se pon no camiño. O alumnado formou 4 grupos de traballo para, solucionando distintos retos, acadar o obxectivo buscado: salvar unha vida e traballar de xeito lúdico en equipo.

También te podría gustar...