Xogando con FUTGAL 23/24
Hoxe recibimos a visita de varios membros da Federación Galega de Fútbol para levar a cabo diferentes actividades de fútbol sala dentro do programa » Xogando con Futgal» .
A sesión tivo dúas partes:
A primera, foi na aula, cun vídeo dos inicios de Vanesa Sotelo (xogadora do Futsi Navalcarnero) e de Adri (xogador do Parrulo).
E a segunda, práctica, onde os nenos/as disfrutaron dun chutómetro (potencia e precisión no tiro) e dunha pista de xogo de 15 x 8.