Todos los trámites y documentos

Secretaría Virtual

NORMATIVA E LIGAZÓNS DE INTERESE DO FONDOS DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL 21/22

A Xunta de Galicia abre o prazo para que as familias soliciten a súa participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar 2021/22.


As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica.

Orde do 20 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2021/22.

Prazo de presentación: do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021 (incluido)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» a través da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Opcionalmente, poderanse recoller os formularios en papel e posteriormente presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

IMPORTANTE! Debido á normativa COVID-19, no procedemento presencial, a entrega dos formularios e a recollida dos mesmos cumplimentados realizarase en horario de secretaría do centro (Mércores de 16:00h a 18:00h e venres de 16:00h a 17:30h).

_ Resumo do procedemento presencial

1) Proceder a cubrir detalladamente os Anexos 1 e 2 da orde. Poderanse recoller en horario de Secretaría ou ben descargalos aquí:  (Documento 1, 2, 3 e 4 para cubrir en PDF editable) 

2) Proceder á entrega conxunta da documentación descrita na orde no Artigo 11:

Orde do 20 de maio de 2020 (DOG)

Extracto da Orde do 20 de maio de 2021 (DOG)

_ Procedemento por vía electrónica

Procedemento ED330B - Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Axudas libros de texto e material escolar (WEB da Consellería coa información completa)

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información