Fondo Libros 24/25

AXUDAS FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 24-25

Esta orde ten por obxecto regular, no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos e para o curso 2024/25, o procedemento ED330B: Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

  • A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (en diante, ESO).
  • En 4º e 6º de EP e 2º e 4º da ESO permitirase a substitución dos libros de texto para a súa adaptación aos currículos que establece a Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, de modificación da Lei orgánica de educación (LOMLOE).
  • No resto de curso manteranse os libros de texto do curso 2023/24.

Á convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE), así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.

Á convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

Normativa: ORDE do 7 de maio de 2024 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2024/25 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

Prazo de presentación: dende o 21/05/2024 e rematará o día 21 de xuño de 2024. O alumnado que se incorpore ao centro docente fóra deste prazo disporá dun mes contado a partir do día seguinte ao da formalización da matrícula. Non se poderán presentar solicitudes despois do 31 de marzo de 2025.

Electrónica: Utilice a aplicación fondolibros (deberá presentar unha solicitude por cada fillo). Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos na aplicación fondolibros, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo Presencial manual: utilice os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presenteos no centro educativo.

  • LUNS: 16:30 – 18:00
  • MARTES: 16:30 – 18:00
  • MÉRCORES: 9:50 – 10:40/ 13:00-14:00
  • XOVES: 13:00 – 14:00