Admisión 23/24

PRAZO ORDINARIO

Do 1 ao 20 de marzo de 2023

Xeito de presentación

Recoméndase o uso preferente da modalidade electrónica para a presentación das solicitudes, sempre que se dispoña de certificado dixital ou Chave365.

NORMATIVA REGULADORA

  • Ley Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE do 4 de maio de 2006).
  • Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012).
  • Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 15 de marzo de 2013).
  • Corrección de erros. Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 79 do 24 de abril de 2013).
  • ORDE de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. (DOG do 1 de febreiro de 2017).
  • Instruccións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos para o curso académico 2023/2024.
  • Desempate (Artigo 34 da Orde do 21 de outubro de 2022)
  • ORDE do 18 de decembro de 2020 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (código de procedemento ED550A e ED550B).
  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550AED550B e ED550C).

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS 

INFANTIL

4º. EI25 (3 neae)
5º. EI14
6º. EI9

PRIMARIA

1º. EP6 (3 neae)
2º. EP3
3º. EP3
4º. EP5
5º. EP1
6º. EP4

SECUNDARIA                                                 

1º. ESO 3 (3 neae)
2º. ESO5
3º. ESO3
4º. ESO7

NOTA INFORMATIVA

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, pedindo ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8.

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DE BAREMO

De existir máis solicitudes de prazas que postos escolares ofertados, e se non se presentou xa coa solicitude de admisión, abrirase un prazo do 23 de marzo ao 5 de abril de 2023 para presentar a documentación xustificativa dos méritos alegados, xunto cunha copia do Anexo II presentado anteriormente. A presentación dos xustificantes dos criterios de baremación ten carácter voluntario. A non presentación dalgún deles suporá a renuncia explícita a ser baremado no criterio correspondente.

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL E DEFINITIVA DO ALUMNDO ADMITIDO E NON ADMITIDO E PRAZO DE RECLAMACIÓN

Resolución provisional de admitidos e non admitidos.

As listaxes provisionais publicaranse no taboleiro de anuncios do centro (apartado 7 das Instruccións da Dirección Xeral de Centros) con anterioridade ao 25 de abril de 2023, terán un carácter provisional e poderán ser obxecto de reclamación ante o titular do centro no prazo de tres días hábiles.As reclamacións resolveranse no prazo de cinco días hábiles.

Resolución definitiva de admitidos e non admitidos

Unha vez resoltas as reclamacións presentadas publicaranse as listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido, ordeadas por puntuación, no taboleiro de anuncios do centro, antes do 16 de maio de 2023.

PRAZO PARA FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA

Os prazos para a formalización de matrícula do alumnado admitido para o vindeiro curso 2023/2024 serán os seguintes:

  • Educación Infantil e Primariado 20 ao 30 de xuñoANEXO III-1.
  • Educación Secundaria Obrigatoria: do 25 de xuño ao 10 de xullo. ANEXO III-2

Nota: A matriculación no centro implicará respectar o proxecto educativo e o carácter propio do centro.

CRITERIO COMPLEMENTARIO

Ser fillo ou neto de exalumnos/as do centro.

ÁREA DE INFLUENCIA

Exposta no taboleiro de centro (Santa Icía- Estrada de Castela marxe dereita dirección Ferrol).

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

Madrugadores e almorzos e Comedor.

SOLICITUDES: ANEXO II

  • O/a proxenitor/a ou representante do alumnado deberá achegar coa solicitude (Anexo II) de admisión a seguinte documentación:
    • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a consulta.
    • Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a.
    • Documento acreditativo (certificación de matrícula) de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa nos termos do Anexo II.
    • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • Esta solicitude terá que estar asinada por calquera dos titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carcater exclusivo, a un deles.
  • Na folla 5 (Anexo II bis), tanto que se opte por unha tributación conxunta como por unha tributación individual, a autorización concederase por ámbolos dous cónxuxes. Nesta autorización deben figurar todos os declarantes na unidade familiar (en caso de menores de idade, serán os proxenitores ou titores legais os que asinen por eles).
  • Documentación xustificativa de praza con necesidades específicas de apoio educativo, se é o caso.

Presentación de solicitudes

  • De xeito presencial: Entregarase unha única solicitude no centro que se solicita en primeiro lugar, de non ser así, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.
  • Sede electrónicahttps://www.edu.xunta.es/admisionalumnado