Desde hoxe estan dispoñibles no taboleiro de entrada do centro as LISTAXES PROVISIONAIS de alumnado admitido para o vindeiro curso 2020-2021. Debido ao Artigo 13 bis. da ORDE do 12 de maio de 2020 establecese que as listaxes deberán ser publicadas única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
Tras recibir instruccións por parte da Consellería de Educación, a partir do luns 25 de maio as familias do alumnado que así o precisen poderán pasar polo centro a recoller o material de aula e os libros que permaneceron nas aulas desde a suspensión das clases.
A recollida realizarase por CURSOS e en horario de mañá de 9:00h a 13:30h e de tarde de 16:00h a 18:00h.
A distribución de días e cursos queda do seguinte xeito:
Luns 25 de maio: 1º ESO e 4º E. Infantil.
Martes 26 de maio : 2º ESO e 5º E. Infantil.
Miércoles 27 de maio: 3º ESO e 6º E. Infantil.
Xoves 28 de maio: 4º ESO e 1º EP.
Viernes 29 de maio: 2º EP e 3º EP.
Luns 1 de xuño: 4º de EP e 5º EP.
Martes 2 de xuño: 6º EP.
A partir do 2 de xuño, a recollida farase con cita previa (telefónica) en horario de mañá (9:00-13:30h)
Acceso ao Centro
Lembramos ás familias que, dacordo coa normativa vixente, o acceso será regulado, por quendas de un en un, accedendo ao centro con mascarilla e mantendo en todo momento a distancia de seguridade.
Vimos de recibir comunicación, por parte da Consellería de Educación, da publicación no DOG de hoxe 19 de maio coa apertura do prazo de solicitudes do Fondo de Libros e Axudas para a adquisión de libros de texto e material escolar de cara o vindeiro curso 2020-2021.
_Obxecto da convocatoria
1º) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.
2º) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en Educación Especial, así como as axudas das disposicións adicionais*.
_Prazo para realizar a solicitude
Entre o 20 de maio e o 19 de xuño de 2020 inclusive.
_Documentos a presentar para a súa tramitación
1) Anexos I e II cubertos (dispoñibles na secretaría do centro desde o 20 de maio ou nas ligazóns ao pé desta páxina, para imprimir e cubrir en casa)
2) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar (En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor). Excepcionalmente, poderase empregar un certificado ou volante de convivencia ou un informe de servizos sociais do concello onde reside a familia.
3) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
4) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
5) Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
6) Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
7) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.
*Información detallada nas disposicións adicionais primeira e segunda do DOG
Vimos de recibir notificación da Concellería de Ensino de Narón co remate do servizo de fotocopias a partir do 22 de maio ao rematar o confinamento establecido tras a declaración do estado de alarma. Esta semana as solicitudes estanse a tramitar desde o centro con normalidade.
O 17 de maio celébrase en Galicia o día das Letras Galegas para conmemorar que na nosa comunidade temos unha lingua e unha literatura propias cheas de riqueza.
En 1963, a Real Academia Galega instaurou esta celebración para homenaxear aos autores que prosperasen na súa creación literaria en galego e, cada ano, dedícaselle este día a unha celebridade diferente da literatura galega. A data non foi escollida ao azar, senón que se decidiu instaurar esta celebración o 17 de maio xa que coincidía co centésimo aniversario da publicación do primeiro exemplar da obra Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro en 1863, data que, ademais, inicia o Rexurdimento en Galicia, o renacemento cultural galego. Xunto con Rosalía, tamén nesa época marcaron historia outros dous grandes escritores: Curros Enríquez e Eduardo Pondal, sendo este último o autor la letra do himno galego.
O 30 de outubro de 1910 nacía en Ferrol Ricardo Carballo Calero (tamén coñecido como Ricardo Carvalho Calero, xa que a partir de 1981 comezou a escribir o seu nome nas súas publicacións así. Foi un que destacou polo seu traballo de dignificación da lingua galega e da nosa cultura mediante a súa obra como historiador da nosa lingua, dramaturgo, poeta, narrador e ensaísta; aínda a día de hoxe o seu traballo continúa sendo un referente para os estudosos.
Proposta do Equipo de Dinamización da Lingua do CPR Ayala
Animámosvos a descubrir máis sobre este referente da nosa lingua e literatura a través da páxina creada pola Real Academia Galega “Primavera das Letras” na seguinte ligazón http://primaveradasletras.gal/. Fixémosvos unha selección de actividades VOLUNTARIAS relacionadas coas Letras Galegas deste ano. A continuación deixámosvos as ligazóns.
3º e 4º de primaria: imos coñecer un pouco máis sobre a obra de Carballo Calero cunha actividade interactiva. En 1984 este escritor publicou o conto “As pitas baixo a chuvia” onde un rapaz quere protexer as pitas para que non se mollen. Queremos saber canto sabedes vós sobre as pitas e sobre a chuvia, estamos segurísimos de que saberedes responder a todo: http://primaveradasletras.gal/as-pitas-baixo-a-chuvia/. Nesta outra actividade poderedes descubrir a importancia que tivo para Carballo Calero crecer preto do mar en Ferrol. Con esta actividade interactiva poderedes coñecer un pouquiño máis sobre a súa obra e cousas xerais sobre o mundo que nos rodea http://primaveradasletras.gal/o-mar/
5º e 6º de primaria: para os maiores de primaria propoñemos unha actividade para que observedes a importancia da nosa lingua e literatura, vendo como poemas escritos en lingua galega son traducidos e coñecidos en moitos idiomas http://primaveradasletras.gal/poemas-e-idiomas/ e, como xa sabedes que no colexio todos os anos vos levamos a ver unha obra de teatro, propoñemos esta actividade para que coñezades un pouco máis sobre o teatro en xeral e sobre dramaturgos galegos (escritores de teatro) http://primaveradasletras.gal/erguemos-o-pano/
ESO: aos maiores do colexio queremos invitarvos a que naveguedes vós pola páxina de “Primavera das Letras” es descubrades todos os recursos que tedes nela. Mais, non podemos resistirnos a ofrecervos unha serie de propostas que cremos que serían moi interesantes para vós. Para coñecer máis sobre a biografía de Carballo Calero e a importancia que tivo para a nosa lingua e literatura, propoñémosvos estas ligazóns onde atoparedes moita información e tamén algunhas actividades http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha1.pdf e http://primaveradasletras.gal/wp-content/uploads/2020/02/ficha4.pdf. Tamén vos deixamos estas actividades interactivas, na primeira aprenderedes o que son os pseudónimos e que leva a unha persoa a empregalos (http://primaveradasletras.gal/que-agocha-este-nome/), e na segunda poderedes descubrir sobre grandes pintoras de todo o mundo, tamén galegas (http://primaveradasletras.gal/mulleres-pintoras/).
FELIZ DÍA DAS LETRAS GALEGAS A TODOS! Unha aperta moi grande.
A partir do vindeiro luns 11 de maio, o centro procederá á súa apertura SÓ CON FINS ADMINISTRATIVOS, para proceder á recollida de documentación referida á ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO NO CENTRO.
O prazo está comprendido entre o 11 e o 18 de maio (ambos inclusive).
O horario de apertura do centro estará comprendido entre as 09:00h e as 14:00h.
Para calquera dúbida, contactar co teléfono do centro entre as 9:00h e as 13:30h.
COVID-19: Para cumprir coas medidas de hixiene establecidas dentro do actual marco legal, a atención ás familias estará limitado a unha soa persoa no interior de centro, debéndose manter a distancia interpersoal nas instalacións do mesmo.
As seguintes datas de interese no proceso de admisión e posterior matrícula, son as seguintes:
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
Formalización da MATRÍCULA en Educación Infantil e Primaria (ALUMNADO DO CENTRO E DE NOVA ADMISIÓN): do 1 ao 10 xullo de 2020.
Formalización da MATRÍCULA ORDINARIA en ESO (ALUMNADO DO CENTRO E DE NOVA ADMISIÓN): do 1 ao 10 xullo.
Prazo de matrícula EXTRAORDINARIA extraordinario (ALUMNADO DO CENTRO E DE NOVA ADMISIÓN): do 1 ao 10 de setembro de 2020.