Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

SERVIZO DE MADRUGADORES, ALMORZOS E COMEDOR 22-23

INSTRUCCIÓNS DO COMEDOR

HORARIOS (desde o xoves 8 de setembro)

Tabla comedor

PREZOS

Consultar na secretaría do centro ou por correo no enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

FORMA DE PAGO

  • Pagarase por adiantado a cantidade exacta.
  • O importe deberá vir nun sobre pechado co nome completo do alumno e o curso.
  • O sobre entregarase en secretaría especificando cantidade, servizo e días.

FORMA DE RESERVA

  • Farase a solicitude a semana anterior ata o xoves (derradeiro día).
  • A reserva farase a través do correo electrónico do comedor:

Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

AVISO INICIO DE CURSO E REUNIÓNS PREVIAS


Informamos que a vindeira semana organizaremos reunións para falar do inicio do curso escolar que comezará o vindeiro xoves 8 de setembro en horario de 9:00 a 14:00 (Infantil e Primaria) e de 9:00 a 14:30 (ESO). O inicio do servizo de madrugadores e almorzos comezará tamén ese día (Avisos a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

Infantil

3 anos: martes 6. 10:30 horas

4 anos: martes 6. 11:30 horas

5 anos: martes 6. 12:30 horas

Primaria

1º primaria: luns 5. 10:00 horas

2º primaria: luns 5. 11:30 horas

3º primaria: martes 6. 10:00 horas

4º primaria: martes 6. 11:30 horas

5º primaria: mércores 7. 10:00 horas

6º primaria: mérrcores 7. 11:30 horas

ESO

1º ESO: luns 12. 16:30 horas

APERTURA DO PRAZO DE MATRÍCULA PARA O CURSO 22-23

Informamos que o período de MATRÍCULAS para alumnado con praza no centro da convocatoria ordinaria queda establecido desde o 20 de XUÑO ata o 10 de XULLO en dúas quendas:

_Educación Infantil e Primaria: Desde o 20 de XUÑO ata o 30 de XUÑO (Ambas datas inclusive)

_Educación Secundaria Obrigaroria: Desde o 25 de XUÑO ata o 10 de XULLO. (Ambas datas inclusive)

 O procedemento de matrícula poderase realizar:

_ Recollida de impresos no centro para a posterior entrega xunto coa documentación: Os formularios estarán dispoñibles desde o luns 20 de xuño para a súa recollida na Secretaría do centro (HORARIO de mañá: 9:00 a 14:00/ HORARIO de tarde: luns de 16:30 a 18:00 e mércores de 16:30 a 18:00)

Descarga dos impresos e a documentación desde a web do centro para entrega en Secretaría (Menú Matrículas da WEB): Os formularios e a información sobre a documentación a aportar están xa dispoñibles para proceder á descarga, cumplimentación pero a entrega na Secretaría do centro farase nos prazos antes establecidos.

Apertura do prazo para a participación no Fondo solidario de libros e nas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2022-2023

Vimos de recibir comunicación, por parte da Consellería de Educación,  da publicación no DOG de hoxe 18 de maio coa apertura do prazo de solicitudes do Fondo de Libros e Axudas para a adquisión de libros de texto e material escolar de cara o vindeiro curso 2022-2023.

_Obxecto da convocatoria

1º) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria  e en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

2º) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en Educación Especial, así como as axudas das disposicións adicionais*.

_Prazo para realizar a solicitude

Entre o 23 de maio e  o 19 de xuño de 2022 inclusive.

_Documentos a presentar para a súa tramitación

1) Anexos I e II  cubertos (dispoñibles na secretaría do centro desde o 20 de maio ou nas ligazóns ao pé desta páxina, para imprimir e cubrir en casa)

2) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar (En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor). Excepcionalmente, poderase empregar un certificado ou volante de convivencia ou un informe de servizos sociais do concello onde reside a familia.

3) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

4) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

5)  Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

6)  Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

7) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

*Información detallada nas disposicións adicionais primeira e segunda do DOG

Ligazón aos Anexos 

ANEXOS DESCARGA

Listaxes provisionais de alumnado admitido no centro para o curso 2022-2023

Informamos que xa se poden consultar (por vía telefónica ou en horario de secretaría) no taboleiro de anuncios da Secretaría do Centro as listaxes provisionais de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022-2023. As listaxes definitivas serán publicadas, nunha data aínda por concretar, antes do 15 de maio.

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información