Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

LISTAXES DEFINITIVAS ESO FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL CURSO 2021-2022

Estimadas familias

Están xa dispostas para a súa consulta as LISTAXES DEFINITIVAS do reparto do FONDO SOLIDARIO DE LIBROS de ESO do curso 2021-2022.

As listaxes están colocadas na parte esquerda das portas principais de acceso ao centro. Os libros do fondo estarán dispoñibles para o alumnado o primeiro día de clase nas súas mesas (día 15  de setembro). Tamén están á vosa disposición os vales para axuda de material. Neste caso téñense que recoller en Secretaría, para asinar a súa recollida.

Para calquera dúbida, tedes á vosa disposición o teléfono do centro (981380394) ou o correo electrónico (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

 

 

 

NOTA INFORMATIVA SOBRE A ENTRADA E SAÍDA DO CENTRO

Lembramos ás familias que, aínda que o horario de entrada de E.Infantil (agás 3 anos durante o período de adaptación) e E.Primaria é de 9:00h a 14:00h, a entrada e saída do centro é escalonada (ás 8:45h e 13:45h respectivamente) por razóns da COVID19, como viñemos facendo o ano pasado.

Un saúdo e desculpas polas molestias causadas.

Reunión de inicio de curso coas familias de 1º de E. Primaria

Benqueridas familias

O vindeiro luns 6 ás 10:30 da mañá terá lugar lugar no pavillón do centro a reunión de inicio de curso de 1º de Educación Primaria. Nesta reunión procederase a informar ás familias do funcionamento do curso e solventar calquera dúbida que poida xurdir.

AVISO sobre o inicio dos servizos de MADRUGADORES, ALMORZOS e COMEDOR

Benqueridas familias

O vindeiro 9 de setembro darán comezo os servizos de MADRUGADORES, ALMORZOS e COMEDOR. Para facilitar a xestión os pedidos, pregamos ás familias interesadas que realicen a reserva de prazas entre os días 1, 2 e 3 de setembro, con vistas á vindeira semana, por vía telefónica.

Os servizos seguirán os seguintes horarios:

Madrugadores e almorzos: De 7:45h a 9:00h. O servizo de almorzo comezará ás 8:00h.

Comedor: De 14:00h a 16:00h.

Os prezos dos diferentes servizos son os seguintes:

Madrugadores 1€
Madrugadores con almorzo 2€
Comedor 6,60€

 

AVISO IMPORTANTE SOBRE VACINACIÓN

Benqueridas familias: Pídennos dende a Consellería que avisemos que vai comezar a vacinación dos rapaces/as de idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos.
Comezará o próximo luns 23 de agosto ata o 15 setembro e citarase as familias por SMS.
Un saúdo

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información