O vindeiro venres, 24 de setembro, os alumnos/as de 4º de Educación Primaria farán a primeira marcha ciclista do curso escolar para visitar o Mosteiro do Couto.
A saída está prevista para as 10:00 horas.
Calquer membro da comunidade educativa pode participar con nós de forma voluntaria ( anotarse na circular a entregar durante o día de mañá).
Recomendamos levar unha pequena mochila cun botellín de auga para unha óptima hidratación, e algo sólido para repoñer forzas.
Lembrade poñer a punto o voso medio de transporte ( presión de neumáticos axeitada, freos regulados, sillín á altura axeitada..) O uso de casco é obrigatorio.
Dado que se trata da primeira saída de larga distancia e debido á esixencia do percorrido, todo alumno/a que desexe participar deberá ir obrigatoriamente en bicicleta con cambio de marchas e non poderá usar rodíns.
O Concello de Narón está a organizar unha iniciativa moi interesante destinada a familias interesadas en coñecer o comportamento de nenos e adolescentes e manexar e xestionar situacións que se poden dar dentro do núcleo familiar, sempre dun xeito moi didáctico.
A sesión informativa ONLINE terá lugar o vindeiro mércores 29 de setembro ás 10:00h da mañá e ás 20:00h da tarde.
Para participar só tedes que solicitar a invitación na plataforma Webex a través do correo electrónico Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.
Tras estes días de inicio de curso e para axilizar a xestión do uso do servizo de madrugadores e almorzos por unha banda e por outra a do comedor escolar, poñemos ao voso servizo o seguinte correo electrónicoEsta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. (De luns a venres) para solicitar praza para o seu uso, ben sexa diario, semanal ou de xeito puntual.
O centro entregará unha ficha para cada alumna ou alumno que queira facer uso dos servizos, cubrindo todos os datos (IMPORTANTE POSIBLES ALERXIAS OU INTOLERANCIAS)
ALMORZOS E MADRUGADORES
Poderase solicitar o seu uso como prazo máximo o xoves da semana anterior na que vaia asistir a alumna ou alumno tendo que indicar no correo os datos do alumno, o curso no que se atopa, os días que vai solicitar e indicar se vai acudir a un dos servizos ou aos dous. Tamén se poderá indicar calquera outra información que queirades achegar (hora de chegada...)
COMEDOR
Poderase solicitar o seu uso como prazo máximo o xoves da semana anterior na que vaia asistir a alumna ou alumno, tendo que indicar no correo os datos do alumno, o curso no que se atopa, os días que vai solicitar. Tamén se poderá indicar calquera outra información que queirades achegar (hora de chegada, hora de recollida...).
IMPORTANTE!
As solicitudes faranse sempre por medio do correo electrónico, tanto altas como baixas.
O pago dos servizos deberá facerse por adiantado.
A cancelación de todos os servizos sen custo poderá facerse: ata o día seguinte da solicitude.
No caso de cancelación dos servizo no mesmo día da solicitude, o importe deberá ser abonado igualmente.
Como xa sabedes, mañá día 15 comeza o curso 2021-2022 na ESO. Trátase dun día LECTIVO.
Este ano haberá similitudes co curso anterior e algunha novidade..
_ Horario de entrada: 8:45h polo portalón da Rúa Mestre Don Manuel (Martes pola tarde 16:10) de xeito escalonado polo protocolo COVID.
_ Horario de saída: 14:20h polo mesmo lugar, tamén de xeito escalonado.
_ A hora de comezo das clases será as 9:00h.
_ Procederase a entregar os libros do Fondo Solidario e tamén o horario do curso.
_ Material para o primeiro día: Cartafol con folios e bolígrafo.
_ (NOVO) O alumnado poderá deixar os libros e material no pupitre a diario, levando aquel material que precise para as tarefas a realizar na casa.
_ (NOVO) Uso obrigatorio do BOLETÍN. O alumnado cubrirá con antelación as materias de cada día e terá que cubrir as tarefas a realizar no apartado de observacións.