Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

Información e documentación para o proceso de admisión 22-23

A partir do vindeiro luns día 1 de marzo (Non lectivo no centro ata o 3) ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso. prazo rematará o 22 de marzo (inclusive). As devanditas solicitudes poderanse facer de xeito PRESENCIAL ou a través da web admisionalumnado da Consellería de Educación.

Lembramos ás familias que este procedemento é de aplicación para alumnado novo que queira obter praza no centro para o vindeiro curso.

_DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA A SOLICITUDE

  • ANEXO II: descargable AQUÍ ou para recollerna Secretaría do centro en horario de tarde (Lunsmércoresxoves e venres de 16:30 h a 18:30 h e martes de 16:30 h a 18:00h). O documento presentarase  asinado por  ambos  proxenitores.
  • Certificación do nivel académico que acredite o acceso ao curso que se solicita. (Certificado de Matrícula, en cursos superiores a 4º de EI).
  • Padrón municipal. 
  • Fotocopia do libro de familia. 
  • DNI, NIE ou pasaporte da nai, pai e alumna/o (no caso de telo) 
  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
  • Documentación para baremaxe** (Ver táboa de criterios na PÁXINA 3 do ANEXO II)

_HORARIO DE ATENCIÓN PARA A RECOLLIDA/ENTREGA DE SOLICITUDES

A partir do xoves 3 e ata o 22 de marzo inclusive co  seguinte horario.(Lunsmércoresxoves e venres de 16:30h a 18:30h e martes de 16:30h a 18:00)

_CALENDARIO DE PUBLICACIÓN DE LISTAS E MATRICULACIÓN

► Listaxe provisional de admitidos para o curso 2022-2023.

Informamos de que antes do 25 de abril serán publicadas no taboleiro de entrada do centro as listas provisionais de admitidos no vindeiro curso 2022-2023.

► Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2022-2023

As listaxes definitivas de admitidos serán publicadas antes do 15 de maio.

Impugnación das listas definitivas: No caso de centros privados concertados poderán formular unha reclamación. Nambos casos perante o Xefe Territorial no  prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación.

Matriculación 

Informamos dos prazos do periodo de matriculación do alumnado para o curso 2021-2022.

  • Educación Infantil e Educación Primaria do 20 ao 30 de xuño. 
  • Educación Secundaria  do 25 de xuño ao 10 de xullo. 
  • Desde as citadas datas terán á súa disposición no centro os impresos de matriculación.

 

**Pódese achegar documentación xustificativa dos criterios de baremo xunto coa solicitude de admisión ou, de ser necesaria devandita documentación, poderán entregala de forma presencial ANTES DO 7 DE ABRIL. Para axilizar os trámites en caso de ser necesarios, recomendamos aportar esa documentación xunto coa solicitude de admisión.

APERTURA PO PRAZO DE ADMISIÓN CURSO 2022-2023

Nova extraida da web da Consellería de Educación.

"Desde o vindeiro martes día 1 e ata o 21 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2022/23, para todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo (maioritariamente en 4º curso de Educación Infantil), así como para aqueles alumnos de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar sempre que haxa prazas dispoñibles.


Unha vez pechado o prazo de solicitudes, as listas provisionais de admitidos e excluídos publicaranse o día 25 de abril, as definitivas antes do 15 de maio e os prazos de formalización de matrícula serán do 20 ao 30 de xuño para os alumnos de Infantil e Primaria e do 25 de xuño ao 10 de xullo para os de ESO e Bacharelato.

Cómpre lembrar que a Consellería de Educación pon á disposición das familias unha ferramenta informática, a aplicación admisionalumnado, que posibilita que os proxenitores cubran a solicitude na aplicación, marquen os criterios do baremo que, chegado o caso, queiran que se lles valoren, e poidan presentala de forma presencial no centro, ou por vía electrónica a través da propia aplicación.

Deste xeito, garántese o dereito da cidadanía ao acceso electrónico aos servizos públicos, mantendo tamén a posibilidade de presentar esta solicitude de forma presencial.

Ademais, as familias poderán consultar o estado de tramitación da solicitude nas distintas fases do procedemento utilizando o código que xera a aplicación ao cumprimentar a solicitude, xunto co DNI do proxenitor ou proxenitora asinante.

Tal como quedou establecido no sorteo público que tivo lugar hoxe mércores na Consellería, en caso de empate de puntos para unha mesma praza, as letras de prioridade establecidas neste sorteo foron “V” e “U” para o primeiro apelido e “A” e “Z” para o segundo"

IMPORTANTE! Lembramos ás familias que o documento de Admisión aínda non estará dispoñible ata o día 1 de marzo. (En papel no centro o día 3 en horario de Secretaría)

INFORMACIÓN SOBRE A APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN 22-23

Informamos a aquelas familias que desexen realizar a admisión no noso centro (alumnado NOVO NO CENTRO para o vindeiro curso) que o prazo estará comprendido entre o 1 e o 22 de marzo.

Desde a Consellería infórmannos que o documento para cumplimentar o proceso de Admisión estará dispoñible online desde o citado 1 de marzo na web de AdmisiónAlumnado (Facer clic aquí para acceder) . No centro estará á disposición das familias en formato papel o día 3 de marzo (horario de Secretaría). 

Nos vindeiros días publicaremos o resto da documentación necesaria para realizar o proceso de admisión.

SEMANA DO ENTROIDO 2022

Estimadas familias

Malia levar dous anos complicados polo becho que tanto mal nos leva feito...é case tempo de Entroido! Días de orellas, freixós, cocidos e moita troula. Comparsas, confeti e mascaritas por cada curruncho dos nosos barrios converten estas datas nunhas das máis especiais do ano.

No noso centro queremos poñer tamén o noso grao de area neste tempo de Don Carnal. Deste xeito, a vindeira semana comezará cos MANDATOS do ENTROIDO cos que pretendemos introducir o alumnado neste mundo de tradicións e imaxinación e facerlles ver que, con pouco, poden facer un disfrace e pasalo ben.

Os MANDATOS son os seguintes:

LUNS 21 de febreiro: Traer algo na CABEZA.

MARTES 22 de febreiro: Traer algo na CARA.

MÉRCORES 23 de FEBREIRO: Traer algo no CORPO (Tórax)

XOVES 24 de FEBREIRO: 

_ E. Primaria: Traer algo nas EXTREMIDADES

_ E. Infantil: Cadaquén poderá vir disfrazado como queira.

VENRES 25 de FEBREIRO (Día lectivo): Se queredes...TOD@S DISFRAZAD@S!

 

MOI IMPORTANTE! Pregamos, dacordo coa normativa COVID-19 que o alumnado EVITE aqueles obxectos que se poidan manipular e intercambiar cos compañeiros, así como traer doces típicos e merendas para compartir.

 

Visitas individuais para coñecer o centro

A partir do vindeiro luns 14 de febreiro e con vistas á vindeira apertura do prazo de admisión para o curso 2022-2023, poderanse solicitar visitas individuais ao centro para coñecer as súas instalacións.

Por mor do protocolo da COVID19, as visitas serán fóra de horario escolar, individuais e con cita previa que deberá ser solicitada a través do correo do centro (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou telefónicamente a través do número do centro.

REFORZO MEDIDAS COVID19 (IMPORTANTE)

Destacamos a continuación os principais aspectos a ter en conta:

CASOS CONFIRMADOS DE COVID-19

  • Illamento domiciliario, ata levar 3 días sen síntomas e sempre que pasasen 7 días desde que estes comezaron. Se non tivo síntomas, deberá manter o illamento ata pasados 7 días desde a recollida da mostra diagnostica. Non será necesario realizar unha nova proba para suspender as medidas de illamento nin para reincorporarse á actividade laboral ou escolar. 
  • Os auto test non requiriran dunha proba complementaria para confirmar o caso. Pero si e importante notificar a Sanidade, o caso positivo, no tempo máis breve posible. 
  • As vías de comunicación son:
  • Contactar co seu centro de saúde de referencia.
  • . No teléfono 881 540 045
  • . Ou a través da seguinte ligazón:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID

CONTACTOS ESTREITOS

  • A definición de contacto estreito non variou: “persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2 m dun caso positivo ata as 48 hora antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara)

 

  • O persoal docente e non docente, así como o alumnado de máis de 12 anos (SECUNDARIA), que teña a consideración de contacto estreito, dado que a gran maioría do alumnado xa conta coa pauta de completa de vacinación non é necesario realizar corentenas domiciliarias, seguirase identificando aos contactos estreitos e indicando as medidas que procedan para a poboación xeral segundo ao seu estado vacinal ou situación de vulnerabilidade.

 

  • No caso do alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun  primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal e non se identificaran os contactos estreitos nos centros educativos.

 

  • Identificarase os contactos estreitos ante a agrupación de casos COVID. Considerase agrupación de casos Covid cando nun centro educativo se producen 5 ou máis casos confirmados de infección activa nunha contorna específica do centro, entendendo contorna como un aula, unha actividade extraescolar, etc (ou afectación do 20% ou máis de alumnado/persoal relacionado con esa contorna) nun período igual ou inferior a 7 días.

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información