Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

SEMANA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO NO CPR AYALA

Durante a pasada semana realizáronse no centro unha serie de actividades para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero, o 25 de novembro.

Este día celébrase en todo o mundo e trata de visibilizar en palabras da Asemblea de Nacións Unidas "todo acto de violencia baseado na pertenza ao sexo feminino que teña ou poida ter como resultado un dano o sufrimento físico, sexual o psicolóxico para a muller, así como as ameazas de tales actos, a coacción ou a privación arbitraria da liberdade, tanto se acontecen na vida pública como na vida privada".

 

 

 

 

 

 

As actividades máis salientables foron as seguintes, por orde cronolóxica:

VI MARCHA CICLISTA VIRTUAL POLA IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O mércores 25 o alumnado de 6º de Primaria realizou, coa axuda do Concello de Narón, a través de Seguridade Vial a VI MARCHA CICLISTA VIRTUAL POLA IGUALDADE CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, na que, de xeito simultáneo, os centros de Narón participaron dunha actividade por grupos duns 45 minutos nos que se foron intercambiando para pedalexar nunha bicicleta estática a través dun percorrido polos centros de Narón gravado en vídeo. 

WhatsApp Image 2020 11 25 at 19.17.32

En cada parada realizáronse preguntas aos membros do outro grupo.

Noutra actividade, todo o alumnado participou nun xogo educativo "Quen é ela?" para recoñecer 24 figuras históricas femininas. Ambas actividades foron do agrado do alumnado que disfrutou desta actividade física e intelectual con fins tanto educativos coma solidarios.

A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES NA MÚSICA

Durante o xoves, venres e hoxe mesmo, o alumnado de 5º e 6º de Primaria e toda a ESO participou no proxecto "A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES  NA MÚSICA" elaborado pola AMPA do centro con financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.

Imagen PNG 4

Neste proxecto trátase de achegar o alumnado á violencia implícita en determinados estilos musicais que converten á muller nun mero adorno e empregan nas súas letras un vocabulario e unhas expresións nas que a muller queda relegada a un papel inferior na sociedade moderna. 

O alumnado traballou con materiais audiovisuais para identificar a linguaxe machista, a través de letras de cantantes e grupos actuais e analizou outras cancións con letras que transmiten valores máis próximos á sociedade que queremos construír: unha sociedade igualitaria, con oportunidades idénticas, sen discriminación nin violencia cara a muller.

 

Cara a fin de cada actividade, o alumnado recibiu de agasallo unha máscara conmemorativa co logo que vemos no inicio da noticia. 

 

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información