Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

PERÍODO DE MATRÍCULA ORDINARIA XULLO CURSO 20-21

Informamos que o período de MATRÍCULAS para alumnado con praza no centro da convocatoria ordinaria queda establecido desde o 1 ao 10 de de XULLO, ambas datas inclusive.

 Este ano, o procedemento de matrícula poderase realizar por 3 vías:

_ Recollida de impresos no centro para a posterior entrega xunto coa documentación*: Os formularios estarán dispoñibles desde o luns 22 de xuño para a súa recollida na Secretaría do centro, en horario de 9:30h a 13:30h. A entrega no centro será a partir do 1 de xullo.

_ Descarga dos impresos e a documentación desde a web do centro para entrega en centro*: Os formularios e a información sobre a documentación a aportar estarán dispoñibles desde o luns 22 de xuño para proceder á descarga, cumplimentación e entrega na Secretaría do centro en horario de 9:00h a 13:30h. A entrega no centro será a partir do 1 de xullo.

_ Descarga e cumplimentación dos impresos en PDF: Os impresos subidos á web do centro son editables. Deste xeito, aquelas familias que así o desexen, poderán cubrilos e envialos como ficheiro adxunto ao correo do centro Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Os correos cos formularios e a documentación esixida deberán ser enviados a partir do 1 de xullo.

 

* Aconséllase realizar a matrícula por estas vías no caso de alumnado novo no centro ou casos nos que se entregue documentación de carácter xudicial.


CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información