Periodo de admisión para o curso 2021-2022 e datas de interese
A partir do vindeiro luns día 1 de marzo ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso. O prazo rematará o 22 de marzo (inclusive)
Lembramos ás familias que este procedemento é de aplicación para alumnado novo que queira obter praza no centro para o vindeiro curso.
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA
- ANEXO II: descargable AQUÍ ou para recoller na Secretaría do centro en horario de tarde (Luns, mércores, xoves e venres de 16:00h a 18:00h e martes de 18:00h a 19:00h). O documento presentarase asinado por ambos proxenitores.
- Certificación do nivel académico que acredite o acceso ao curso que se solicita. (Certificado de Matrícula, en cursos superiores a 4º de EI).
- Padrón municipal.
- Fotocopia do libro de familia.
- DNI, NIE ou pasaporte da nai, pai e alumna/o (no caso de telo)
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
- Documentación para baremaxe** (Ver táboa de criterios na PÁXINA 3 do ANEXO II)
HORARIO DE ATENCIÓN PARA A RECOLLIDA DE SOLICITUDES
A partir do luns 1 e ata o 22 de marzo inclusive co seguinte horario.(Luns, mércores, xoves e venres de 16:00h a 18:00h e martes de 18:00h a 19:00h)
CALENDARIO DE PUBLICACIÓN DE LISTAS E MATRICULACIÓN
► Listaxe provisional de admitidos para o curso 2021-2022.
Informamos de que antes do 25 de abril serán publicadas no taboleiro de entrada do centro as listas provisionais de admitidos no vindeiro curso 2021-2022.
► Listaxe provisional de admitidos para o curso 2021-2022
As listaxes definitivas de admitidos serán publicadas antes do 15 de maio.
Impugnación das listas definitivas: No caso de centros privados concertados poderán formular unha reclamación. Nambos casos perante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación.
►Matriculación
Informamos dos prazos do periodo de matriculación do alumnado para o curso 2021-2022.
- Educación Infantil e Educación Primaria do 22 ao 30 de xuño.
- Educación Secundaria do 25 de xuño ao 12 de xullo.
- Desde as citadas datas terán á súa disposición no centro os impresos de matriculación.
- O periodo de matriculación extraordinario será do 1 ao10 de setembro.
**Pódese achegar documentación xustificativa dos criterios de baremo xunto coa solicitude de admisión ou, de ser necesaria devandita documentación, poderán entregala de forma presencial ANTES DO 7 DE ABRIL. Para axilizar os trámites en caso de ser necesarios, recomendamos aportar esa documentación xunto coa solicitude de admisión.