NOTA INFORMATIVA SOBRE A 2ª AVALIACIÓN

Dacordo coas instruccións do 27 de marzo enviadas por Inspección Educativa a todos os centros da Comunidade Autónoma, informámosvos do seguinte:
- A avaliación do alumnado, correspondente a este segundo trimestre, realizarase conforme a contidos curriculares tratados na aula con anterioridade ao decreto do estado de alarma.
- As tarefas que se están a enviar estas semanas non son cualificables.
- As cualificacións do alumnado chegarán ás familias por dúas posible vías:
- Por medio de ABALAR MÓBIL*: Estarán dispoñibles a partir do vindeiro venres 3 de abril a media tarde.
- Por consulta directa aos titores: Na web do centro mostraremos a listaxe das titoras e titores do centro para poder facer a consulta, a partir do luns pola mañá.
*Instruccións para o uso de ABALAR MÓBIL para FAMILIAS (OPCIONAL)
_ Descargar a aplicación en móbil ou tablet desde
_ Realizar o rexistro correspondente empregando o número de teléfono.
_ Tutorial para a instalación: Premer aquí
_ En caso de problemas, consultar co centro a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.