Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

Nota Informativa do Concello sobre os Camiños Seguros

Recibimos desde Educación Viaria do Concello de Narón a seguinte información de interese:

"Dende o Concello de Narón, a través do equipo de Educación Viaria, agradecer a ampla participación de todos os pais e nais na iniciativa dos Camiños Escolares Seguros “Pegadas”, así como a continua colaboración e implicación de todos os colexios de Narón.

Aproveitamos a ocasión para os pais e nais dos novos alumnos e alumnas que non estean inscritos e que fagan uso do camiño escolar, poden facelo na web deste programa -pegadas.naron.es, recibindo a pulseira o/a menor no centro escolar correspondente.

A continuación, explicámoslles máis polo miúdo o funcionamento dos Camiños Escolares:

Ao pasar a pulseira as nenas e nenos polo punto de control pode aparecer:

  • Unha luz de cor verde que indicará que todo está funcionando ben e aos pais ou nais chegaralles un correo sumando unha “pegada”.
  • Unha luz de cor laranxa significa que a pulseira xa se pasou nese mesmo día polo punto de control ou que se pulsou o botón habilitado para este fin na aplicación do teléfono móbil do pai ou nai do menor (*).
  • Unha luz cor vermella que indicará que a pulseira presenta algún fallo. Neste caso avisarase aos responsables do equipo de Educación Viaria, chamando aos teléfonos 666 438 222 – 600 448 730 ou deixarase a pulseira no centro escolar, dende onde comunicarán a incidencia para realizar o cambio da pulseira.

(*) Este ano tendo en conta a situación actual que vivimos coa Covid- 19 e coa finalidade de que as entradas aos centros escolares sexan máis fluídas, incorporouse á aplicación un botón para os nenos e nenas dende Infantil ata 3º curso de Primaria, ambos incluídos. Deste xeito evitan ter que pasar a pulseira polo punto de control, rexistrando os pais e nais ao premer ese botón no seu teléfono a entrada do menor no centro e, polo tanto, sumándolle as pegadas. Lembrámosvos que polo momento esa opción na aplicación só está habilitada para teléfonos con sistema Android. Así mesmo, esta opción está dispoñible na páxina web do programa –pegadas.naron.es- onde tamén se habilitou unha opción para que os pais e nais, coas súas claves, poidan rexistrar a entrada ao centro das súas fillas e fillos."

Os camiños escolares voltarán a estar dispoñibles no centro en vindeiras datas.

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información