Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

  • Inicio
  • Noticias
  • Apertura do prazo para a participación no Fondo solidario de libros e nas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2020-2021

Apertura do prazo para a participación no Fondo solidario de libros e nas axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2020-2021

Vimos de recibir comunicación, por parte da Consellería de Educación,  da publicación no DOG de hoxe 19 de maio coa apertura do prazo de solicitudes do Fondo de Libros e Axudas para a adquisión de libros de texto e material escolar de cara o vindeiro curso 2020-2021.

_Obxecto da convocatoria

1º) Fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria  e en 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria.

2º) Axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en Educación Especial, así como as axudas das disposicións adicionais*.

_Prazo para realizar a solicitude

Entre o 20 de maio e  o 19 de xuño de 2020 inclusive.

_Documentos a presentar para a súa tramitación

1) Anexos I e II  cubertos (dispoñibles na secretaría do centro desde o 20 de maio ou nas ligazóns ao pé desta páxina, para imprimir e cubrir en casa)

2) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar (En caso de separación ou divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor). Excepcionalmente, poderase empregar un certificado ou volante de convivencia ou un informe de servizos sociais do concello onde reside a familia.

3) Certificado do grao de discapacidade do/da alumno/a ou de calquera membro da familia recoñecido por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.

4) Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbito familiar, en calquera das formas que enumera o artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

5)  Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

6)  Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

7) Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou o titor o titores carezan de DNI e NIE.

 

*Información detallada nas disposicións adicionais primeira e segunda do DOG

 

Ligazóns aos Anexos I e II (4 ficheiros)

1 2 3 4

 

 

 

 

 

 

 


CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información