Información e documentación para o proceso de admisión 22-23
A partir do vindeiro luns día 1 de marzo (Non lectivo no centro ata o 3) ábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso. O prazo rematará o 22 de marzo (inclusive). As devanditas solicitudes poderanse facer de xeito PRESENCIAL ou a través da web admisionalumnado da Consellería de Educación.
Lembramos ás familias que este procedemento é de aplicación para alumnado novo que queira obter praza no centro para o vindeiro curso.
_DOCUMENTACIÓN REQUERIDA PARA A SOLICITUDE
- ANEXO II: descargable AQUÍ ou para recollerna Secretaría do centro en horario de tarde (Luns, mércores, xoves e venres de 16:30 h a 18:30 h e martes de 16:30 h a 18:00h). O documento presentarase asinado por ambos proxenitores.
- Certificación do nivel académico que acredite o acceso ao curso que se solicita. (Certificado de Matrícula, en cursos superiores a 4º de EI).
- Padrón municipal.
- Fotocopia do libro de familia.
- DNI, NIE ou pasaporte da nai, pai e alumna/o (no caso de telo)
- Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
- Documentación para baremaxe** (Ver táboa de criterios na PÁXINA 3 do ANEXO II)
_HORARIO DE ATENCIÓN PARA A RECOLLIDA/ENTREGA DE SOLICITUDES
A partir do xoves 3 e ata o 22 de marzo inclusive co seguinte horario.(Luns, mércores, xoves e venres de 16:30h a 18:30h e martes de 16:30h a 18:00)
_CALENDARIO DE PUBLICACIÓN DE LISTAS E MATRICULACIÓN
► Listaxe provisional de admitidos para o curso 2022-2023.
Informamos de que antes do 25 de abril serán publicadas no taboleiro de entrada do centro as listas provisionais de admitidos no vindeiro curso 2022-2023.
► Listaxe definitiva de admitidos para o curso 2022-2023
As listaxes definitivas de admitidos serán publicadas antes do 15 de maio.
Impugnación das listas definitivas: No caso de centros privados concertados poderán formular unha reclamación. Nambos casos perante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación.
►Matriculación
Informamos dos prazos do periodo de matriculación do alumnado para o curso 2021-2022.
- Educación Infantil e Educación Primaria do 20 ao 30 de xuño.
- Educación Secundaria do 25 de xuño ao 10 de xullo.
- Desde as citadas datas terán á súa disposición no centro os impresos de matriculación.
**Pódese achegar documentación xustificativa dos criterios de baremo xunto coa solicitude de admisión ou, de ser necesaria devandita documentación, poderán entregala de forma presencial ANTES DO 7 DE ABRIL. Para axilizar os trámites en caso de ser necesarios, recomendamos aportar esa documentación xunto coa solicitude de admisión.