Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

Información de interese para o inicio de curso

Benqueridas familias:

Ante o próximo comezo do curso, e para tratar de dar algo de tranquilidade a toda a comunidade educativa, queremos informarvos dalgúns cambios que teremos que afrontar neste curso 20/21 por mor do COVID-19.

A principio de curso, publicaremos na páxina web un documento chamado “Plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 20/21”. Este documento recollerá todos os cambios e adaptacións que teremos que facer para adaptarnos a esta “nova realidade” que vivimos.

Aínda que as administracións non tomaron todas as decisións de maneira definitiva si que podemos informarvos dalgúns puntos:

  • O centro terá un reforzo no persoal de limpeza que estará facendo tarefas de desinfección durante todo o período lectivo. Esta persoa encargarase especialmente dos lugares que poderían ser máis conflitivos como espazos de tránsito, aseos, pasamáns…
  • Adaptarase o horario de entrada e saída ao centro para tratar de graduar o máximo posible estes momentos e así evitar acumulacións de xente.
  • Alumnos, pais e profesores levarán máscara no centro.
  • Adaptaranse os recreos.
  • As titorías cos profesores serán por medios telemáticos salvo razóns de forza maior.
  • Considerarase os cursos como grupos burbulla e intentarase que non se mesturen con alumnos doutros cursos.
  • O persoal docente e non docente deberá realizar unha auto enquisa diaria de síntomas do COVID- 19. Esta auto enquisa figurará no documento descargable como Anexo I e publicámolo neste aviso.
  • O alumnado non compartirá material de uso propio con ningún dos seus compañeiros/as. Nas aulas ou no propio pupitre deberá existir un espazo diferenciado para o material de cada alumno de xeito que non permita ser manipulado por outros compañeiros.
  • As ventas, portas, persianas, contras, dispositivos de funcionamento da iluminación, os proxectores, e restantes ferramentas pedagóxicas serán únicamente usadas polo profesorado.
  • Para aumentar a subministración de aire fresco os profesores realizarán tarefas de ventilación das aulas en cada cambio de clase o longo da xornada lectiva.
  • Na entrada de cada clase haberá un dispensador de xel hidro alcohólico pero recoméndase que cada alumno dispoña do seu xel.
  • Haberá papeleiras con tapa e accionados con pedal para os panos desbotables para que o personal e o alumnado empregue para o secado das mans, tusir, esbirrar...

 

ANEXO I     Protocolo de adaptación ao contexto COVID 22-07-20

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información