Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

FESTA DO SAMAÍN E MAGOSTO 2022

O vindeiro 28 de outubro a ANPA do centro celebrará as seguintes actividades

_ Concurso da Cabaza máis orixinal, con primeiro, segundo e terceiro premio. 

O alumnado poderá traer as cabazas xa a partir do luns 24 de outubro para expoñelas na entrada do cole ata o día da festa. A cada cabaza se lle asignará un número, as familias que queiran participar na votación poderedes facelo no local da Anpa. O día 28 farase o reconto de votos e nomearanse ás cabazas gañadoras.

Sorteo exclusivo para as familias socias da ANPA dun vale de 50€ de Ali xoguetes. Así que recordamos as familias que o prazo para facerse asociarse á ANPA remata o próximo 20 de outubro.

A festa terá lugar dentro do horario lectivoe o alumnado poderá vir terroríficamente disfrazado. 

Nesta festa tamén haberá degustación de castañas, para iso precisamos que traian ó cole a partir do luns 24 e ata o xoves 27 cada neno/a un puñadiño de 12 castañas, a Anpa levará as castañas a asar para o día da festa e o cole colaborará na merenda con bebidas (zumes e leite). Por suposto na festa non faltará música e animación.

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información