Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor

Que é o día mundial do libro e do dereito de autor? 

Cada 23 de abril celébrase este día a nivel internacional co fin de fomentar o desfrute dos libros e da lectura. Esta data escolleuse en 1995 pola Conferencia Xeran da UNESCO, pero non é unha data calquera. Escolleuse o 23 de abril como data simbólica da literatura universal xa que coincide co falecemento de tres grandes escritores: William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega.


Neste día homenaxeamos aos libros e os autores que, especialmente os libro, serven como mostras de creatividade e beleza. Deste xeito, a UNESCO apoia a creatividade, a diversidade individual e a igualdade de oportunidades.


Como cada ano, a UNESCO nomea un lugar como Capital Mundial do Libro e este ano escolleron Kuala Lumpur por enfocarse na educación inclusiva e baseada no coñecemento, conseguindo que a lectura sexa unha opción accesible para todas as clases sociais.

Podedes obter máis información nas seguintes ligazóns:

https://es.unesco.org/commemorations/worldbookday e https://es.unesco.org/world-book-capital-city-2020 

Proposta do Equipo de Dinamización da Lingua  

Nos tempos que estamos, a lectura pode resultar unha marabillosa maneira de pasar o tempo e manternos entretidos, xa que cando lemos unha historia viaxamos coa nosa imaxinación a un mundo diferente, con ente de distintas partes do mundo, podemos atoparnos nun lugar de fantasía con seres máxicos ou viaxar no tempo. O Equipo de Dinamización da Lingua do CPR Ayala quere propoñémosvos pasar un rato inmersos na lectura en lingua galega, algo completamente VOLUNTARIO pero é unha proposta que realizamos coa nosa mellor intención, para conmemorar este día e que dende a casa poidamos seguir en contacto coa nosa lingua.


INFANTIL E 1º E 2º DE PRIMARIA: para os máis pequenos do colexio, nós escollemos esta breve fábula coa que os nenos aprenderán que a intelixencia é máis importante que a forza bruta ou a rapidez, pero na mesma páxina poderedes atopar moitos máis contos recollidos da literatura popular galega.

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=11&id=68 

3º - 4º PRIMARIA: para estes nenos propoñémosvos o conto “Para quen cantou o cucorrei?”, para  axudarlles a entender que as pelexas nunca nos fan gañar, senón perder.

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=11&id=2515 

5º - 6º PRIMARIA: para os medianos do colexio lles deixamos “O conto do galo Quirico que quería ir á voda do tío Perico”

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=11&id=926 

ESO: aos maiores do colexio queremos introducirvos un pouco no mundo das lendas “de arrepío” galegas, polo que vos recomendamos a lectura que poderedes encontrar nesta ligazón

https://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=16&id=2765. 

Son lecturas moi breves, non máis de 5 minutos, polo que se vos interesa e queredes coñecer máis da literatura popular galega, podedes atopar moitas historias nesa web (https://galiciaencantada.com/categorias.asp ) ou calquera outro libro que vos apeteza ler.

Dende o Equipo de Dinamización da Lingua do CPR Ayala desexamos que esteades todos ben e pasedes un feliz “Día do Libro”.

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información