Instrumento de información, de aprendizaje, de comunicación y encuentro

Sigue toda la actualidad del centro
y programación de eventos

  • Inicio
  • Noticias
  • Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial

Criterios e procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial

No DOG do pasado venres 13  de novembro publicouse unha orde que regula os criterios e procedementos para a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en Educación Primaria, Secundaria e Educación Especial. 

(Ver documento completo AQUÍ)

As axudas van destinadas a alumnado que:

  • Fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar.
  • Non fose beneficiario da axuda para adquirir material escolar por distintas circunstancias, pero:

_ Pertenza a familias cunha renda per cápita inferior a 6000€.

_ Estea matriculado en educación especial ou suxeito a tutela ou garda da Xunta ou teña una discapacidade igual ou superior ao 65% con independencia da renda da unidade familiar.

 

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles contados a partir de hoxe.

IMPORTANTE! Estará exento de presentar solicitude aquel alumnado que fose beneficiario de axuda para adquirir material escolar no curso 2020/2021.

 

DOCUMENTACIÓN A APORTAR

1) Solicitude (Anexo I, ao pé da nova) coa seguinte documentación:

  • Anexo II (Comprobación de datos da unidade familiar, ao pé da nova)
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demáis membros computables da unidade familiar.

_ Excepcionalmente poderase acreditar o número de membros computables por medio de:

1º Certificado ou volante de convivencia.

2º Informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia.

  • Certificado do grao de discapacidade da alumna ou alumno ou calquera membro da familia recoñecida por un órgano que non pertenza á Xunta de Galicia.
  • Documentación xustificativa de situación de violencia de xénero.
  • Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
  • Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou certificado de centro de menores, para alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.
  • Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que pai, nai ou titor carezan de DNI e NIE.

A documentación complementaria presentarase presencialmente no centro.

Aqueles documentos aportados terán validez a 31 de decembro de 2018 (agás no caso de violencia de xénero).

Anexos I e II

Instrucións da Orde

CPR Ayala

Si te interesa nuestra propuesta educativa
solicita más información