AULAS VIRTUAIS E OFFICE 365 PARA ALUMNADO E FAMILIAS
Estimadas familias
Hoxe o alumnado levará consigo unha circular na que constan a conta de correo e a contrasinal (provisional) para acceder á aula virtual (Teams) e toda a contorna Microsoft Office 365, completamente de balde.
Trátase dunha ferramenta que permitirá ao alumnado e ás familias dispoñer dunha conta de correo escolar (Outlook), espazo de almacenamento na nube (OneDrive), programas de ofimática en rede (Word, Excel, Powerpoint...) e, ademáis, do acceso ás aulas virtuais das vosas fillas e fillos a través do programa TEAMS.
Estas aulas permitirán facilitar a interación do alumnado e o profesorado a través de EQUIPOS (Aulas) nas que xa están dados de alta.
Para acceder a Microsoft Office 365 farémolo a través desta ligazón .Office 365
Para acceder ao correo electrónico farémolo a través da páxina de Outlook Outlook
Para acceder ao programa Teams farémolo a través desta ligazón Teams
Vídeos explicativos para comezar
IMPORTANTE! No caso de haber algún erro na conta ou contrasinal, darase aviso para solucionalo durante o día de mañá.