Ingresos = ou superiores a 0,5 e inferiores a 0,75 veces o IPREM
2 puntos
Ingresos = ou superiores a 0,75 veces o IPREM
1 punto
Ingresos iguais ou superiores ao IPREM
0 puntos
Discapacidade
Da alumna ou alumno
4 puntos
Da nai, pai ou titor
3ptos.cada un
Irmán ou irmá
1 punto
Criterio complementario do centro
Filla/o de antiga/o alumna/o do centro
1 punto
En caso de empate na baremaxe, as letras de prioridade que afectan ao primeiro apelido serán as letras "W" e "S"; así mesmo, afectan ao segundo apelido as letras "B" e "F".
“IPREM” anual a aplicar=6.454,03€
(con exclusión das pagas extraordinarias)
1. Non acumulables.
2. Será a suma das casillas 415 (base impoñible xeral) ,e 435 (base impoñible de aforro) 460 da declaración da renda de 2019, dividido entre o número de membros da unidade familiar referida a data 28 de febreiro de 2021.
ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO
Polo sur coa Estrada de Castela ata a rotonda da Estrada de Cedeira (Freixeiro), pola que se continúa ata o límite do Concello de Narón. Polo Norte e polo Oeste os límites son o Concello de Valdoviño e Ferrol.
A partir do vindeiro luns día 1 de marzoábrese o prazo de presentación de solicitudes de admisión para o vindeiro curso. O prazo rematará o 22 de marzo (inclusive)
Lembramos ás familias que este procedemento é de aplicación para alumnado novo que queira obter praza no centro para o vindeiro curso.
DOCUMENTACIÓN REQUERIDA
ANEXO II: descargable AQUÍou para recollerna Secretaría do centro en horario de tarde (Luns, mércores, xoves e venres de 16:00h a 18:00h e martes de 18:00h a 19:00h). O documento presentaraseasinado por ambosproxenitores.
Certificación do nivel académico que acredite o acceso ao curso que se solicita. (Certificado de Matrícula, en cursos superiores a 4º de EI).
Padrón municipal.
Fotocopia do libro de familia.
DNI, NIE ou pasaporte da nai, pai e alumna/o (no caso de telo)
Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, de ser o caso.
Documentación para baremaxe** (Ver táboa de criterios na PÁXINA 3 do ANEXO II)
HORARIO DE ATENCIÓN PARA A RECOLLIDA DE SOLICITUDES
A partir do luns 1 e ata o 22 de marzo inclusive coseguinte horario.(Luns, mércores, xoves e venres de 16:00h a 18:00h e martes de 18:00h a 19:00h)
CALENDARIO DE PUBLICACIÓN DE LISTAS E MATRICULACIÓN
► Listaxe provisional de admitidos para o curso 2021-2022.
Informamos de que antes do 25 de abril serán publicadas no taboleiro de entrada do centro as listas provisionais de admitidos no vindeiro curso 2021-2022.
► Listaxe provisional de admitidos para o curso 2021-2022
As listaxes definitivas de admitidos serán publicadas antes do 15 de maio.
Impugnación das listas definitivas: No caso de centros privados concertados poderán formular unha reclamación. Nambos casos perante o Xefe Territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte da súa publicación.
►Matriculación
Informamos dos prazos do periodo de matriculación do alumnado para o curso 2021-2022.
Educación Infantil e Educación Primaria do 22 ao 30 de xuño.
Educación Secundaria do 25 de xuño ao 12 de xullo.
Desde as citadas datas terán á súa disposición no centro os impresos de matriculación.
O periodo de matriculación extraordinario será do 1 ao10 de setembro.
**Pódese achegar documentación xustificativa dos criterios de baremo xunto coa solicitude de admisión ou, de ser necesaria devandita documentación, poderán entregala de forma presencial ANTES DO 7 DE ABRIL. Para axilizar os trámites en caso de ser necesarios, recomendamos aportar esa documentación xunto coa solicitude de admisión.
A partir do vindeiro luns e con vistas á vindeira apertura do prazo de admisión para o curso 2021-2022, poderanse solicitar visitas individuais ao centro para coñecer as súas instalacións.
Por mor do protocolo da COVID19, as visitas serán fóra de horario escolar, individuais e con cita previa que deberá ser solicitada a través do correo do centro (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou telefónicamente a través do número do centro.
Lembramos ás familias da obrigatoriedade de comunicar os positivos dos alumnos. Entendemos que estes momentos son complicados para as familias, pero debemos pensar no conxunto da comunidade educativa e na xestión da situación do centro educativo. Un saúdo
Informamos ás familias que o vindeiro luns 11 de xaneiro comezará o prazo para a reserva de praza en centros adscritos para o vindeiro curso 2021-2022. Lembramos que o noso centro está adscrito ao IES As Telleiras. Os documentos para descargar e cumprimentar están dispoñibles ao pé desta noticia.
O prazo para a reserva de praza rematará o vindeiro 8 de febreiro.