CiberAyala consello do mes de febreiro 24/25
Amigos virtuais, perigos reais?
As amizades en liña poden ser marabillosas, pero tamén agochan riscos se non se xestionan ben ?. Moitos adolescentes crean vínculos con persoas que nunca viron en persoa, e ás veces non son quen din ser ?.
Fala cos teus fillos sobre a importancia de manter a privacidade e nunca compartir datos persoais con descoñecidos ?. Anímaos a ser críticos con quen coñecen en internet e a consultar contigo ou con outro adulto de confianza se algo lles parece raro ou incómodo.
O mellor escudo contra os enganos en liña é a información e a confianza ?
