Descubrindo o mundo das partículas no CPR Ayala 24/25

Hoxe, o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO tivo a oportunidade de afondar no apaixonante mundo da física de partículas grazas á visita dun investigador do IGFAE (Instituto Galego de Física de Altas Enerxías). Durante a charla, coñeceron en detalle o funcionamento do acelerador de hadróns do CERN e os seus experimentos máis revolucionarios.

? 2025: Ano da Física Cuántica
Este ano será clave para a divulgación científica en torno á física cuántica, e no CPR Ayala queremos formar parte desta conmemoración a través de diferentes actividades.

? Esta charla enmárcase dentro do proxecto «Peza a Peza», desenvolvido polo departamento de Fisica do noso colexio, que busca achegar ao alumnado ás disciplinas STEM dun xeito práctico e motivador.

? A ciencia é un camiño cheo de preguntas… e hoxe demos un paso máis para atopar algunhas respostas! ??

También te podría gustar...