Explorando a Densidade en 3º de ESO: Ciencia en Acción! 24/25
Hoxe o alumnado de 3º de ESO puxo a proba os seus coñecementos científicos cun reto moi especial: ordeñar distintos líquidos segundo a súa densidade e crear a súa propia torre de densidades! ??
? Como o fixeron?
➡️ Primeiro, observaron diferentes líquidos: alcohol, xabón líquido, mel e auga con colorante. Sen realizar ningunha proba experimental, debían predicir cal sería o máis denso e cal o menos denso, ordenándoos segundo a súa intuición e coñecementos previos. ??
➡️ Cando comezaron as probas, déronse conta de que os seus razoamentos iniciais non eran correctos, xa que os líquidos non se comportaban como esperaban! ??
➡️ A partir dos erros iniciais, foron axustando as súas hipóteses, discutindo en equipo e argumentando novas ideas ata lograr a torre de densidades perfecta, demostrando que a ciencia require observación, experimentación e moita reflexión! ??
Unha experiencia que lles permitiu aprender de forma práctica a relación entre masa e volume e como a densidade pode ser unha ferramenta clave para comprender o comportamento dos materiais. ??✨
????? Ciencia en acción, pensamento crítico e moita experimentación! ??


