11/02 Día da Nena e a Muller na Ciencia: Inspirando ás futuras xeracións! 24/25

Hoxe conmemoramos o Día da Nena e a Muller na Ciencia cunha iniciativa moi especial! ?? Dúas alumnas de 2º de ESO, moi implicadas en Polos Creativos, visitaron as aulas de 4º e 5º de Primaria para compartir a súa experiencia en proxectos STEAM. Compartiron a sua experiencia como parte do equipo que participou o curso pasado no CANSAT ESERO, que acadou o Premio Honorífico Galego polo seu gran traballo pese a sua corta idade, e como parte do equipo que esta ano está a preparar as Olimpíadas de Robótica. ?✨

O seu obxectivo? Motivar ás máis pequenas para que sigan os seus pasos na ciencia e a tecnoloxía! ?? A súa ruta continuará polas demais aulas de Primaria durante esta semana, sementando inspiración e demostrando que as nenas teñen moito que aportar ao mundo científico.

Estamos moi orgullosos de que poidan elexir libremente a súa vocación e de ver como o talento e a paixón pola ciencia seguen a medrar no noso colexio. ??

También te podría gustar...