Día Escolar da Non Violencia e da Paz 24/25
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e da Paz, unha data para lembrar a importancia de educar en valores como o respecto, a empatía e a solidariedade.
No CPR Ayala cremos firmemente que a paz comeza en cada un de nós. É un compromiso diario que se constrúe con pequenos xestos de comprensión e diálogo. ?️❤️
Promovamos xuntos un mundo máis xusto e harmonioso, onde as diferenzas nos enriquezan e non nos separen.