Proxecto «As plantas que mudaron o mundo» ESO 24/25
"As plantas que mudaron o mundo" é unha iniciativa educativa deseñada para que o alumnado da materia de Proxecto Competencial 3º de ESO comprenda como certos cultivos teñen transformado a historia, a economía, a sociedade e a cultura ao longo do tempo.
- CICLO: 2C ESO
- NIVEL: 3ºESO
- ÁREA: Ciencias
- MATERIA: Proxecto competencial
- CONTIDO CURRICULAR:
- Bioloxía e Xeoloxía
- CA1.1:Analizar e explicar conceptos e procesos biolóxicos interpretando información en diferentes formatos, con actitude crítica e conclusións fundamentadas.
- – CA1.5:Deseñar e realizar experimentos biolóxicos con recollida e análise de datos para responder preguntas concretas.
- – CA1.6: Presentar conclusións de proxectos científicos utilizando ferramentas dixitais (gráficos, informes).
- – CA1.8:Valorar a contribución da ciencia á sociedade, recoñecendo o papel das mulleres científicas e promovendo a interdisciplinariedade. Xeografía e Historia -CA1.1:Elaborar e presentar contidos propios en diferentes formatos mediante estratexias de investigación, seleccionando e organizando información.
- – CA1.4:raballar mediante proxectos e retos que reflictan a comprensión de fenómenos históricos e xeográficos relevantes.
- – CA1.5:Identificar e analizar os principais problemas e retos históricos desde unha perspectiva multicausal, incluíndo os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).
- – CE1.6: Representar información xeográfica mediante mapas, gráficos e outras ferramentas visuais Matemáticas
- – CA1.5:Recoñecer conexións entre as matemáticas e outras materias, valorando a súa contribución ao progreso humano.
- – CA1.6:Aplicar ferramentas matemáticas para resolver problemas e extraer conclusións de datos recollidos experimentalmente.
- – CA3.1:Representar e resolver problemas matemáticos mediante estratexias interdisciplinares, vinculando conceptos con aplicacións prácticas. Tecnoloxía e Dixitalización
- – CA1.1: Definir problemas ou necesidades buscando información crítica e avaliando a súa fiabilidade.
- – CA1.3: Recoñecer a influencia da actividade tecnolóxica na sustentabilidade ambiental e na sociedade.
- – CA2.1:Deseñar solucións tecnolóxicas sustentables e innovadoras aplicando coñecementos interdisciplinares. Competencias Transversais O proxecto tamén fomenta competencias clave como o traballo en equipo, o pensamento crítico, a comunicación eficaz e o uso de ferramentas dixitais en contextos diversos, elementos destacados nos bloques de contidos comúns do decreto
- Bioloxía e Xeoloxía
INTRODUCIÓN
SITUACIÓN DE APRENDIZAXE
1. Igualdade e inclusión
– Fomento da igualdade entre mulleres e homes: Reflexión sobre o papel das mulleres na ciencia, na agricultura e na economía ao longo da historia.
– Inclusión educativa: Adaptacións metodolóxicas e avaliación do impacto das plantas en comunidades vulnerables.
2. Educación para a sustentabilidade
– Concienciación ambiental:Análise do impacto ambiental de cultivos históricos e actuais.
– Cambio climático: Reflexión sobre o papel das plantas na mitigación dos efectos do cambio climático.
– Consumo responsable:Valoración dos usos sostibles dos recursos vexetais e a súa repercusión na economía local e global.
3. Educación emocional e en valores
– Respeto e cooperación:Traballo en equipo na planificación, experimentación e presentación dos resultados.
– Resolución pacífica de conflitos:Uso do diálogo e o consenso nas actividades grupais.
– Empatía: Reflexión sobre o impacto social e cultural das plantas en diferentes épocas e rexións.
4. Competencia dixital e audiovisual
– Uso de ferramentas dixitais:Para recompilar, analizar e presentar datos.
– Creación de contidos audiovisuais:Elaboración de vídeos, infografías ou presentacións para comunicar os resultados do proxecto.
– Pensamento crítico:Avaliación crítica das fontes empregadas para a investigación
5. Comunicación e plurilingüismo
– Comprensión e expresión en galego, castelán e linguas estranxeiras: Redacción de informes, presentacións orais e traballo con materiais en diferentes idiomas. Fomento da lectura: Análise de textos científicos, históricos e culturais relacionados coas plantas.
6. Creatividade e expresión artística
– Representación gráfica: Creación de mapas, diagramas e ilustracións.
– Valorización do patrimonio cultural: Reflexión sobre o papel das plantas na arte, a literatura e a cultura popular.
7. Emprendemento social e empresarial
-Propostas innovadoras: Deseño de solucións prácticas e sostibles relacionadas co cultivo e aproveitamento das plantas.
– Análise económica: Reflexión sobre o comercio e a economía agrícola no pasado e no presente.