Un Polo Creativo Nadalicio 2ºESO 24/25

Nestes días, o alumnado de 2º ESO mergullouse nun proxecto interdisciplinar de Tecnoloxía e Dixitalización, Matemáticas e Música que nos trouxo o espírito do Nadal dun xeito único e creativo! ???

? Construímos unha orquestra de Nadal animada! Pero o duende traveso non nolo puxo doado: algunhas pezas desapareceron e o alumnado tivo que resolver un auténtico reto de enxeñería para completar as casetas correctamente. ??

?Unha orquestra animada ao ritmo de música programada! Coa axuda de placas Micro:bit, un servo e moita creatividade, cada grupo non só logrou facer que a orquestra se movese, senón que o fixese ao compás dunha paixoliña que replicaron mediante programación. ??

Un proxecto que combina aprendizaxe e diversión, promovendo competencias STEAM, traballando por recunchos e facendo que o espírito do Nadal encha o noso Polo Creativo. ??‍?

? Aquí vos deixamos algúns momentos deste proxecto tan especial. Un gran traballo, rapaces e rapazas!!!???

También te podría gustar...