Polos Creativos en 2º e 4º EP 24/25 💡🎨

O alumnado de 2º de EP estivo experimentando cos restos das cores para reutilizar o material e crear novos moldes decorativos. A través desta actividade, aprenderon a dar unha nova vida aos materiais que normalmente se desperdiciarían, estimulando a súa creatividade e conciencia medioambiental.

Para finalizar o primeiro trimestre, o alumnado de 4º de EP fixo unha busca do tesouro, resolvendo unha serie de pistas que lles levaron a diferentes lugares do centro. A través de traballos en equipo, fomentaron a colaboración e a creatividade, e ao final conseguiron atopar o premio tan desexado.

También te podría gustar...