Comezo do Plan de Formación TIC 24/25

Hoxe 11 de decembro, o profesorado do CPR Ayala iniciou o Plan de Formación Continua en TIC (PFCT), unha acción formativa que forma parte do noso Plan Dixital de Centro. Esta formación está enfocada a capacitar o profesorado no uso de ferramentas tecnolóxicas e de intelixencia artificial, coa finalidade de mellorar a súa competencia dixital e adaptarse aos retos que a educación actual demanda. ?✨

Esta iniciativa busca integrar estas ferramentas de maneira práctica nas aulas, reforzando así a calidade e a innovación educativa que ofrecemos ao noso alumnado. Continuamos comprometidos con ofrecer unha ensinanza de calidade, moderna e adaptada aos tempos actuais.

También te podría gustar...