Día Internacional das Persoas con Discapacidade 24/25 👩‍🦽👨‍🦯

Hoxe, 3 de decembro, conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha data para reivindicar a inclusión, a igualdade e o respecto pola diversidade. ♿️✨

No noso cole cremos firmemente que cada persoa é única e especial.
Traballamos cada día para fomentar unha comunidade educativa onde todos e todas teñan as mesmas oportunidades de aprendizaxe, crecemento e participación. 💪📚

Lembremos que a verdadeira fortaleza dunha sociedade está na súa capacidade de integrar e apoiar a todos os seus membros. Xuntos construímos un futuro máis inclusivo e accesible para todos. ❤️🌟

También te podría gustar...